| A vida é como unha partida
|
| Na que se xoga con cartas marcadas
|
| Da igual o que fagas my n*gga
|
| Dende o comezo estaba amañada
|
| Busca unha saída de escape
|
| E finxe que a tes controlada
|
| Acabarás pedindo axuda
|
| Coma o resto de tontolabas
|
| Mentres tanto escolle un sendeiro
|
| Podes ser médico ou enfermeiro
|
| Cómprate un piso, un terceiro
|
| E adopta un can de palleiro
|
| Busca un soño, non sexas parguela
|
| Apunta alto, serás unha estrela
|
| O próximo Biggie ou Nelson Mandela
|
| Algo que deixe pegada na terra
|
| E cando falle busca unha pedra
|
| Busca unha ventá pa tirala e rompela
|
| Busca un ideal ao que aferrarte
|
| Busca unha praza e un estandarte
|
| Cando amaneza
|
| E arrinquen os motores dos tanques
|
| O mundo buscará a alguén, oh si
|
| Pero ese alguén non eres ti
|
| Non eres ti
|
| Non eres ti (non eres ti)
|
| Non eres ti (non eres ti, non)
|
| Non eres ti
|
| Cando todo falle busca unha pedra
|
| Busca unha ventá pa tirala e rompela
|
| Busca un ideal ao que aferrarte
|
| Busca unha praza e un estandarte
|
| Cando amaneza
|
| E arrinquen os motores dos tanques
|
| O mundo buscará a alguén, oh si
|
| E podo ser eu
|
| No noso peor ano
|
| Na nosa peor noite
|
| Sentímonos estranos
|
| E non hai ninguén que nos escoite
|
| Vivimos encerrados
|
| Mirando ao horizonte
|
| Esperando sentados
|
| A que o destino nos encontre
|
| Pero o futuro hai que ir a por el
|
| Hai que domalo como curioso corcel
|
| Queres construir a torre de Babel
|
| E en vez de cemento utilizas papel
|
| Cando se derrumbe busca unha pedra
|
| Busca unha ventá pa tirala e rompela
|
| Busca un ideal ao que aferrarte
|
| Busca unha praza e un estandarte
|
| E cando amaneza
|
| E arrinquen os motores dos tanques
|
| O mundo buscará a alguén, oh si
|
| Pero ese alguén non eres ti
|
| Non eres ti
|
| Non eres ti (non eres ti)
|
| Non eres ti (non eres ti, non)
|
| Non eres ti |