Letra Memoria da noite - Luar Na Lubre

Memoria da noite - Luar Na Lubre
Información de la canción En esta página puedes leer la letra de la canción Memoria da noite de -Luar Na Lubre
Canción del álbum: Torre de Breoghán
En el género:Поп
Fecha de lanzamiento:01.12.2014
Idioma de la canción:Español
Sello discográfico:Warner Music Spain

Seleccione el idioma al que desea traducir:

Memoria da noite
Madrugada, o porto adormeceu, amor,
a lúa abanea sobre as ondas
piso espellos antes de que saia o sol
na noite gardei a túa memoria.
Perderei outra vez a vida
cando rompa a luz nos cons,
perderei o día que aprendín a bicar
palabras dos teus ollos sobre o mar,
perderei o día que aprendín a bicar
palabras dos teus ollos sobre o mar.
Veu o loito antes de vir o rumor,
levouno a marea baixo a sombra.
Barcos negros sulcan a mañá sen voz,
as redes baleiras, sen gaivotas.
E dirán, contarán mentiras
para ofrecerllas ao Patrón:
quererán pechar cunhas moedas, quizais,
os teus ollos abertos sobre o mar,
quererán pechar cunhas moedas, quizais,
os teus ollos abertos sobre o mar.
Madrugada, o porto despertou, amor,
o reloxo do bar quedou varado
na costeira muda da desolación.
Non imos esquecer, nin perdoalo.
Volverei, volverei á vida
cando rompa a luz nos cons
porque nós arrancamos todo o orgullo do mar,
non nos afundiremos nunca máis
que na túa memoria xa non hai volta atrás:
non nos humillaredes NUNCA MÁIS.

Comparte la letra:

¡Escribe lo que piensas sobre la letra!

Otras canciones del artista: